martes, 9 de noviembre de 2010

IMITAMOS CARAS DE CABAZAS



Nestas semanas pasadas, polo motivo do samain, tódalas aulas do CRA no que traballo, o CRA A Lagoa, decoráronse, e os nenos e as nenas xogaron co
as mestras ao redor deste tema.

Na clase de Audición e Linguaxe, tamén fixemos un xogo que consistía en imitar caras de cabazas distintas.

Con distintas imaxes atopadas en internet, elaborei unha serie de seis tarxetas. A cada debuxo púxenlle nome e así presentei as imaxes.

Nun primeiro lugar ensaiamos en grupo, todos sentados na alfombra, cómo era a mellor forma de parecernos a estas cabazas.

Logo as fun sacando unha por una ou por parellas e os nenos e nenas tiñan que cambiar a cara en función da imaxe que saía.


Finalmente repartin as tarxetas por grupos de 6 en 6 nenos e uns ensinaban aos outros como imitaban a súa cabaza.

Así, ademais de divertirnos, traballamos a mobilidade dos órganos articulatorios, a expresividade e a creatividade.

No blóg do meu centro editei unha entrada con fotos e un video de como traballamos nesta clase.






Se pinchas AQUI accederás directamente a entrada do blog.


Espero que vos sirva.

2 comentarios:

Chus dijo...

Que traballo tan divertido!!
Seguro que o pasaron pipa xogando coas caras.
Un bico

rosamaria dijo...

UN TRABALLO ESTUPENDO! E UNS RECURSOS MOI BOS! BICOS DE FROITA FRESCA